sábado, 11 de noviembre de 2023

CONTINUAMOS CO PROXECTO VOZ NATURA

     Este curso escolar 2023/2024 participamos outro ano máis do proxecto Voz Natura, no que presentamos as nosas ideas para realizar este curso.

O noso proxecto titúlase : "O ecosistema de Ribeira do Río Cádavo", no que tratamos aspectos como a conservación da fauna e flora autóctona da nosa zona , o coidado e limpeza nas inmediacións do Río Cádavo e o coidado e reestructuración do noso horto escolar.

Temos moito traballo por diante, pero...antes de poñernos mans á obra, teremos que formarnos durante este primeiro trimestre. Para elo, recibiremos diversas charlas sobre protección, prevención e coidado tanto de especies vexetais, como animais e evidentemente do coidado dos ríos, mares e océanos.

No segundo trimestre estaremos elaborando unha gran cantidade de material para despois no terceiro trimestre , poder ensinarvos a todos o traballo tan bonito que fixemos cos nosos alumnos e alumnas. Seguro que o farán de maravilla.

Estade ben atentos ao noso blog para coñecer todas as novidades.

Empezamos!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

QUÉ OPINAS DESTA ACTIVIDADE?