Mostrando entradas con la etiqueta CHARLA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CHARLA. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de noviembre de 2023

CHARLA SOBRE A CONTAMINACIÓN DE RÍOS, MARES E OCÉANOS

 Este venres pasado todo o alumnado do noso cole asistimos a unha charla impartida por Javier Cristobo.

Javier é un biólogo mariño que se adica actualmente á investigación sobre os fondos mariños no Instituto  Español de Oceanografía, en Gijón.

A súa charla basouse fundamentalmente nos perigos da contaminación, sobre todo dos plásticos, que acaban nos mares e océanos. Ensinounos cómo afectan eses residuos á vida marina e tamén o tempo que tardan en desfacerse no noso planeta.

Aprendimos un montón de temas con él, e estamos seguros de que seremos uns bos vixías para que ningúen contamine nin as nosas rúas, nin os ríos, e evitar así que non chegue esa contaminación ata o mar.








 


CHARLA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

 O pasado 30 de outubro tivemos outra das charlas previstas sobre incendios forestais. Neste caso, foi o alumnado de 3º-4º-5º e 6º os que estiveron moi atentos ás explicacións de Sara (garda civil) quen nos comentaba sobre as tarefas que a garda civil (SEPRONA) fai nos nosos bosques sobre todo.

Tamén nos comentou como evitar accidentes en zonas verdes e impedir así que se sucedan incendios.

Unha charla moi interesante que nos fai ser un pouco máis coidadosos co noso medio.











CHARLA SOBRE AS VELUTINAS

 O pasado xoves 19 de outubro tivemos unha das primeiras charlas que tiñamos previstas facer neste proxecto de Voz Natura. Esta charla trata das especies invasoras, pero sobre todo das velutinas.

Eva (bióloga e apicultora)coñece moi ben este tema e por iso estivo con nós para explicarnos tanto o ciclo das velutinas, como os perigos que poden ocasionar e como non, cómo intentar erradicala . 

Agora soamente nos toca cando sexa febreiro, empezar a facer esas trampas e así acabar con elas na nosa contorna.