sábado, 9 de marzo de 2024

CONSTRUÍNDO CASIÑAS DE PAXAROS

 O alumnado de 3º de Ed. Primaria estivemos a facer casiñas de paxaros con restos de madeira que había no taller de tecnoloxía.

Primeiro colléronse as medidas e fixemos os planos, despois cortáronse as madeiras, a continuación as pintamos, fixemos pequenos detalles e posteriormente as montamos con cola e pequenas puntas. 

Agora soamente nos toca esperar a que os paxaros aniñen nelas.

Un traballo precioso!! Coidando a nosa fauna!!
















CONSTRUÍNDO HORTOS VERTICAIS


 O alumnado de 3º e 6º de Ed. Primaria reutilizan palés para construir hortos verticais e posteriormente sementar neles tanto plantas aromáticas como legumes (a modo de semilleiro que posteriormente transplantarán na horta).

Menudos artistas temos!
















DISFRUTANDO DA NATUREZA

 Os peques de infantil disfrutan da natureza no noso xardín. Qué mellor modo de coñecer as características do  outono que disfrutando en plena natureza? Pois alí vamos!! Abrigámonos ben poñendo o abrigo e as botas e... a desfrutar!!






ZONA DE OBSERVACIÓN E RELAX

 Grazas á colaboración da ANPA podemos contar no noso xardín cunha zona de observación do medio ou zona de merenda e relax.

Aproveitamos uns palés que nos trouxo o pai dun alumno para reconvertilos nuns bancos fermosos.

Qué ben o vamos a pasar aquí!!