domingo, 12 de noviembre de 2023

CHARLA SOBRE A CONTAMINACIÓN DE RÍOS, MARES E OCÉANOS

 Este venres pasado todo o alumnado do noso cole asistimos a unha charla impartida por Javier Cristobo.

Javier é un biólogo mariño que se adica actualmente á investigación sobre os fondos mariños no Instituto  Español de Oceanografía, en Gijón.

A súa charla basouse fundamentalmente nos perigos da contaminación, sobre todo dos plásticos, que acaban nos mares e océanos. Ensinounos cómo afectan eses residuos á vida marina e tamén o tempo que tardan en desfacerse no noso planeta.

Aprendimos un montón de temas con él, e estamos seguros de que seremos uns bos vixías para que ningúen contamine nin as nosas rúas, nin os ríos, e evitar así que non chegue esa contaminación ata o mar.








 


ALIMENTACIÓN SAUDABLE




 Dende outubro ata principios de novembro, @s peques de infantil estivemos traballando a alimentación saudable. 

Fixemos varias actividades, dende charlas de alimentación, murais, recollida e manipulación de diversos alimentos típicos do outono, compras e como non, talleres de cociña. 

Unha experiencia maravillosa que nos fixo aprender e desfrutar durante varias semanas.










 













CHARLA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

 O pasado 30 de outubro tivemos outra das charlas previstas sobre incendios forestais. Neste caso, foi o alumnado de 3º-4º-5º e 6º os que estiveron moi atentos ás explicacións de Sara (garda civil) quen nos comentaba sobre as tarefas que a garda civil (SEPRONA) fai nos nosos bosques sobre todo.

Tamén nos comentou como evitar accidentes en zonas verdes e impedir así que se sucedan incendios.

Unha charla moi interesante que nos fai ser un pouco máis coidadosos co noso medio.











CHARLA SOBRE AS VELUTINAS

 O pasado xoves 19 de outubro tivemos unha das primeiras charlas que tiñamos previstas facer neste proxecto de Voz Natura. Esta charla trata das especies invasoras, pero sobre todo das velutinas.

Eva (bióloga e apicultora)coñece moi ben este tema e por iso estivo con nós para explicarnos tanto o ciclo das velutinas, como os perigos que poden ocasionar e como non, cómo intentar erradicala . 

Agora soamente nos toca cando sexa febreiro, empezar a facer esas trampas e así acabar con elas na nosa contorna.








APROVEITANDO RECURSOS NATURAIS

 Dende a escola infantil tamén queremos participar neste proxecto e é por iso que os máis peques xogamos e pintamos cos productos típicos do outono. Coñecemos os diferentes tipos de follas, pintamos con elas, coñecemos diferentes texturas e sobre todo...desfrutamos moitíiiisimo!!!






  









PROTEXENDO O NOSO ENTORNO

 Aquí estamos @s máis pequeniñ@s do cole dando un exemplo sobre como temos que protexer o noso entorno.

Recollimos moito lixo que estaba na zona da horta e despois o clasificamos moi ben nos seus colectores.

Menudo traballo máis bo!


sábado, 11 de noviembre de 2023

PREPARANDO O MAGOSTO

 O magosto xa está preto e por iso vamos a recolectar as castañas que os nosos magníficos castaños nos dan.

Primeiro teremos que sacar as castañas dos ourizos sen pincharnos, despois recolleremos as castañas e as meteremos en caixas para secalas un pouco e finalemente tocará picalas para levalas a asar.

Ummmm, qué ricas!


             









CONTINUAMOS CO PROXECTO VOZ NATURA

     Este curso escolar 2023/2024 participamos outro ano máis do proxecto Voz Natura, no que presentamos as nosas ideas para realizar este curso.

O noso proxecto titúlase : "O ecosistema de Ribeira do Río Cádavo", no que tratamos aspectos como a conservación da fauna e flora autóctona da nosa zona , o coidado e limpeza nas inmediacións do Río Cádavo e o coidado e reestructuración do noso horto escolar.

Temos moito traballo por diante, pero...antes de poñernos mans á obra, teremos que formarnos durante este primeiro trimestre. Para elo, recibiremos diversas charlas sobre protección, prevención e coidado tanto de especies vexetais, como animais e evidentemente do coidado dos ríos, mares e océanos.

No segundo trimestre estaremos elaborando unha gran cantidade de material para despois no terceiro trimestre , poder ensinarvos a todos o traballo tan bonito que fixemos cos nosos alumnos e alumnas. Seguro que o farán de maravilla.

Estade ben atentos ao noso blog para coñecer todas as novidades.

Empezamos!!!