sábado, 9 de marzo de 2024

ZONA DE OBSERVACIÓN E RELAX

 Grazas á colaboración da ANPA podemos contar no noso xardín cunha zona de observación do medio ou zona de merenda e relax.

Aproveitamos uns palés que nos trouxo o pai dun alumno para reconvertilos nuns bancos fermosos.

Qué ben o vamos a pasar aquí!!






domingo, 28 de enero de 2024

ELABORANDO INFORMACIÓN SOBRE FLORA E FAUNA AUTÓCTONA.

 O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo a pescudar información sobre a flora e fauna autóctona para posteriormente elaborar un Padlet e poder expoñelo aos compañeiros. 

Unha información moi interesante que de seguro moitos non coñecíamos. 

Noraboa rapaces!! 

PINCHADE NOS ENLACES EN AZUL PARA VER O TRABALLO.





  PADLET ÁRBORES AUTÓCTONAS



PADLET FAUNA AUTÓCTONA

EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME

 O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria fixemos unha  saída ás Fragas do Eume para recoñecer e observar tanto a flora autóctona do lugar como a fauna que nese Parque Natural existe.

Aprendimos cousas moi interesantes no video previo que nos puxeron no Parque de Interpretación das Fragas do Eume e na súa pequena exposición e despois aproveitamos para facer unha pequena camiñata polas Fragas para rematar nun merendeiro onde aproveitamos a merendar e desfrutar da paisaxe.

Creo que todos viñemos convencidos da importancia de coidar a nosa natureza.











RECOLLENDO LIXO E FOLLAXE DA HORTA.

 Unha vez rematada a colleita de castañas, tocou o turno á limpeza da nosa horta e xardín para empezar a preparalo para a primavera.

Dende os máis peques de infantil ata os mais maiores de primaria, todos arrimaron o ombro para deixar o noso xardín e horta estupendo.










domingo, 12 de noviembre de 2023

CHARLA SOBRE A CONTAMINACIÓN DE RÍOS, MARES E OCÉANOS

 Este venres pasado todo o alumnado do noso cole asistimos a unha charla impartida por Javier Cristobo.

Javier é un biólogo mariño que se adica actualmente á investigación sobre os fondos mariños no Instituto  Español de Oceanografía, en Gijón.

A súa charla basouse fundamentalmente nos perigos da contaminación, sobre todo dos plásticos, que acaban nos mares e océanos. Ensinounos cómo afectan eses residuos á vida marina e tamén o tempo que tardan en desfacerse no noso planeta.

Aprendimos un montón de temas con él, e estamos seguros de que seremos uns bos vixías para que ningúen contamine nin as nosas rúas, nin os ríos, e evitar así que non chegue esa contaminación ata o mar.








 


ALIMENTACIÓN SAUDABLE




 Dende outubro ata principios de novembro, @s peques de infantil estivemos traballando a alimentación saudable. 

Fixemos varias actividades, dende charlas de alimentación, murais, recollida e manipulación de diversos alimentos típicos do outono, compras e como non, talleres de cociña. 

Unha experiencia maravillosa que nos fixo aprender e desfrutar durante varias semanas.










 













CHARLA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

 O pasado 30 de outubro tivemos outra das charlas previstas sobre incendios forestais. Neste caso, foi o alumnado de 3º-4º-5º e 6º os que estiveron moi atentos ás explicacións de Sara (garda civil) quen nos comentaba sobre as tarefas que a garda civil (SEPRONA) fai nos nosos bosques sobre todo.

Tamén nos comentou como evitar accidentes en zonas verdes e impedir así que se sucedan incendios.

Unha charla moi interesante que nos fai ser un pouco máis coidadosos co noso medio.