O alumnado de 3º de Ed. Primaria estivemos a facer casiñas de paxaros con restos de madeira que había no taller de tecnoloxía.
Primeiro colléronse as medidas e fixemos os planos, despois cortáronse as madeiras, a continuación as pintamos, fixemos pequenos detalles e posteriormente as montamos con cola e pequenas puntas.
Agora soamente nos toca esperar a que os paxaros aniñen nelas.
Un traballo precioso!! Coidando a nosa fauna!!