Os nenos e nenas de infantil realizaron un conto debuxado e inventado por eles, onde nos explican moi ben, a importancia de coidar o medio ambiente, e sobre todo, de coidar os mares e océanos, para que animaliños como tartarugas, peixes, polbos, cangrexos, baleas,... non se queden sin fogar por culpa da nosa contaminación. Axudámoslles a reciclar?
En Proxecto Verde pretendemos dar a coñecer todas as actividades que facemos no noso cole dentro do proxecto Voz Natura
viernes, 24 de octubre de 2025
SAIDA DE OUTONO POLA CONTORNA
Os nenos e nenas de infantil aproveitaron o pasado 13 de outubro para saír pola contorna e , aproveitando que xa é outono, recoller follas para investigar un pouco de qué árbore proceden. Tamén atoparon castañas, landras, cogomelos,...
SAÍDA ÁS FRAGAS DO EUME
O pasado venres 3 de outubro o alumnado de 3º de primaria visitaron o Parque Natural das Fragas do Eume para coñecer tanto a súa flora como a súa fauna.
Nun primeiro momento, fixeron unha parada no Centro de Interpretación para visualizar un vídeo sobre a fauna autóctona das Fragas (xa que é bastante difícil poder observala a simple vista). Despois, fixeron unha ruta de sendeirismo onde foron vendo e recoñecendo árbores, cogomelos, algunha salamandra que atoparon e remataron a camiñata nunha curripa (lugar onde se gardaban as castañas).
Aproveitaron tamén dita saída para recoller sementes de castaños, carballos, amendoeiras, ... que posteriormente servirán para crear un viveiro no colexio e nun futuro poder transplantar nos bosques queimados.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)









