lunes, 29 de abril de 2024

HOTEL DE INSECTOS

 O alumnado de 4° de Ed. Primaria estivo construíndo un hotel de insectos para colocar no xardín do cole e así que todos eses pequenos insectos teñan un fogar onde vivir e nos axuden a polinizar as nosas plantas.










domingo, 28 de abril de 2024

PLANTANDO NA HORTA

 Todo o alumnado dende a escola infantil ata os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria aproveitaron estes días de bo tempo para transplantar na horta todos os cultivos que previamente sembraron en semilleiros. Agora soamente toca regar, vixiar a súa evolución e recolectar os froitos. Moi bo traballo rapaces e rapazas!!















Os semilleiros e horto

 Tanto os peques da escola infantil como os máis maiores de primaria fixeron semilleiros que mais tarde transplantarán no horto. No seguinte video podedes ver o seu traballo.


















lunes, 22 de abril de 2024

Disfrutando,xogando e aprendendo

 Os menos e nenas de Ed. Infantil aproveitan os días de bo tempo para xogar no xardín e preparar a horta para a posterior plantación. Pásanno xenial nesta zona de natureza.
















Limpando o xardín e recollendo lixo.

 A cativaría de 3° de ed.primaria estivo a recoller lixo do xardín para preparalo para a primavera.








Fabricando trampas de velutinas

 O alumnado de 1° e 2° de Ed. Primaria estivo a construir trampas de velutinas para así reducir o número de raíñas de velutinas e poder acabar con esta especie invasora.









Coñecendo árbores autóctonas

 A rapazada de 5° e 6° de Ed. primaria visitaron o Arboreto de San Sadurniño onde coñeceron diferentes tipos de árbores e as súas características. Tamén aproveitan para ver algunas figuras feitas con estas árbores.